Manu Arca, novo Responsábel Comarcal en Compostela

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova na comarca de Compostela  ven de elixir por unanimidade a Manuel Arca como Responsábel Comarcal. Ademais, Manuel Núñez continua como Responsábel de Organización.

A Asemblea marcou como obxectivo para este novo período a continuación do traballo en todas as localidades da Comarca, así como o fortalecemento da organización xuvenil naquelas localidades en que se conta cunha estrutura máis feble. Nos últimos tempos a comarca viviu un grande aumento de militancia e ao mesmo tempo un grande número de mozas e mozos se interesaron pola organización.

Manuel Arca afirmou asumir a responsabilidade “con ilusión e ganas de traballar por fortalecer Galiza Nova e para dar resposta ás necesidades da mocidade na comarca e achegar a nosa solución ás problemáticas que as mozas e mozos nos encontramos no día a día”.