Marcos Fernández responsábel en Ourense

img_20161127_135448

A Asemblea Comarcal de Ourense – O Carballiño, celebrada este mércores, 14 de decembro, escolleu por unanimidade a Marcos Fernández como Responsábel Comarcal. Asemade, trazáronse liñas de acción a curto e a medio prazo para potenciar a comarca, focalizando o traballo na localidade de Ourense.

“Faremos que Galiza Nova sexa referencial na xuventude ourensá” apuntaba o novo Responsábel Comarcal de Ourense. Marcos aceptou a responsabilidade da comarca baixo o respaldo da súas compañeiras de organización, afrontando esta nova etapa con ilusión e optimismo.

Ademais, afirmou que ante un goberno coma o de Ourense e unha oposición que non defende os intereses e as necesidades da mocidade, precísase do proxecto nacionalista que ten solución a todas as problemáticas. “Ourense é unha comarca que ten moitas potencialidades e traballaremos para explotalas ao máximo” sinalou Marcos.

Por último, o elixido Responsábel Comarcal, fixo un chamamento a toda a mocidade da comarca para que se organice e traballe en Galiza Nova para construír país.