María Vila elixida Responsábel Comarcal da Montaña

María Vila
A Asemblea Comarcal de Galiza Nova na comarca da Montaña vén de elixir por unanimidade a María Vila como Responsábel Comarcal. Esta elección prodúcese no marco do proceso posterior á XIV Asemblea Nacional de Galiza Nova, que tivo lugar o pasado 26 de novembro en Compostela. De acordo cos Estatutos de Galiza Nova, ábrese agora un proceso de renovación das responsabilidades. A elección de María Vila como responsábel comarcal supón unha aposta clara pola renovación, xa que se trata dunha militante de recente incorporación.

María agradeceu á Asemblea a súa confianza. Apuntou que asume con ilusión esta nova etapa que se abre, xa que se no BNG estamos abrindo “Un tempo novo” para o nacionalismo e para a organización. Este novo período caracterízase pola ilusión para revitalizar Galiza Nova e o BNG nesta comarca, ampliando a nosa base de militantes e simpatizantes, tentando converter a esta organización nun referente para a mocidade.

Tamén animou a toda a mocidade da Montaña a sumarse ao proxecto de Galiza Nova e do BNG, un proxecto verdadeiramente transformador para este País, así como aberto e participativo: “Todas e todos temos un oco no seo de Galiza Nova e no BNG”, apuntou, “damos comezo a unha nova etapa para consolidar a organización na comarca da Montaña”.

Leave a Reply

Your email address will not be published.