Marta Gómez e Jorge Vilariño, novas responsábeis en Pontevedra-Caldas

No pasado sábado, as compañeiras Marta Gómez (Pontevedra) e Jorge Vilariño (Ponte Caldelas) foron escolleitas por unanimidade pola asemblea comarcal de Pontevedra-Caldas como responsábel comarcal e de organización respectivamente, para asumir a nova dirección comarcal neste período interasemblear que vén por diante.

Mentres que Marta xa levaba asumindo esta responsabilidade desde hai seis meses, e voltou contar co apoio da militancia, Jorge é un rapaz de nova incorporación á dirección, cun papel moi activo na organización nos últimos tempos e que aceptou dar un paso adiante, con moitas ganas e ilusión de aumentar o traballo no conxunto da comarca.

A nova equipa comarcal ten obxectivos claros que pasan por centrarse máis nas localidades onde aínda non hai presenza e afianzar aquelas nas que xa existe unha implantación maior. Para isto conformarase un grupo de traballo comarcal no que se integrarán as responsábeis das localidades así coma da Asemblea de Mulleres coa finalidade de atender do mellor xeito posíbel as necesidades da mocidade da comarca.

Ambas persoas encaran esta nova etapa con moita forza e co apoio de moitas compañeiras que contribuirán a mellorar a organización e a loitar polos intereses da mocidade que vive na nosa comarca.

Leave a Reply

Your email address will not be published.