Martín Graña, responsábel na Mariña

A Mariña

A Asemblea Comarcal de A Mariña, celebrada este sábado, 17 de decembro, escolleu por unanimidade a Martín Graña como Responsábel Comarcal e a Seve Salgueiro como Responsábel de Organización, dentro do período posterior a XIV Asamblea Nacional celebrada o pasado 26 de Novembro en Compostela. Asemade, trazáronse liñas de acción a curto e a medio prazo para potenciar a comarca.
“Continuaremos traballando para que Galiza Nova sexa referencial na xuventude mariñá” apuntaba o novo Responsábel Comarcal da Mariña. Graña aceptou a responsabilidade da comarca baixo o respaldo da súas compañeiras de organización, afrontando esta nova etapa con ilusión e optimismo.
Ademais, afirmou que “precísamos do proxecto nacionalista xa que ten solución a maioría das nosas problemáticas. “A Mariña é unha comarca que ten moitas potencialidades e traballaremos para explotalas ao máximo” sinalou Martín.
Por último, o elixido Responsábel Comarcal, fixo un chamamento a toda a mocidade da comarca para que se organice e traballe en Galiza Nova para construír país.