Maruxa Martínez, reelixida responsábel comarcal en Muros-Noia

Maruxa Martínez (segunda pola esquerda) e Diana Lixó (centro) son as novas responsábel comarcal e responsábel de organización respectivamente na comarca de Muros-Noia

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova na comarca de Muros-Noia escolleu a mañá de onte por unanimidade a reelección de Maruxa Martínez como Responsábel Comarcal. Desta asemblea tamén sae aprobado por unanimidade que a responsabilidade de organización estea desempeñada por Diana Lixó. Esta elección prodúcese no marco do proceso posterior á XV Asemblea Nacional de Galiza Nova, que tivo lugar o pasado 24 de novembro en Compostela, seguindo o estabelecido nos propios Estatutos da organización, polo cal agora se abre un proceso de renovación das responsabilidades. A elección de Maruxa Martínez unha vez máis como responsábel comarcal supón unha confianza e un traballo ben feito que ve reflectida a militancia na súa comarca.

Maruxa agradece á Asemblea a súa confianza, en especial a Diana por ter traballado sempre da súa man este tempo. Por esta razón pénsase que a mellor persoa para exercer a responsabilidade de organización sexa ela.

Dende a posta en funcionamento despois dun período de descanso, a comarca de Muros-Noia traballará por sumar ao proxecto de Galiza Nova e do BNG máis mocidade e seguir traballando a prol dos intereses da mocidade da comarca.

As novas responsabilidades afrontan esta etapa coas pilas cargadas e con moita ilusión.