“Mesa redonda: a soberanía como necesidade social” en Vigo

No marco da III Semana da Patria Galega en Vigo, esta sexta feira 20 de xullo as compañeiras da comarca de Galiza Nova Vigo, xunto co Bloque Nacionalista de Vigo, organizan na libraría Andel (avenida das Camelias, 102) unha mesa redonda titulada “A soberanía como necesidade social”.

Este acto político ten por finalidade explicar de maneira pedagóxica a importancia de atinxirmos a plena soberanía nacional como instrumento para resolver os problemas e necesidades sociais do noso pobo.
Para darlles voz aos diferentes movementos e loitas sociais que enchen de reivindicacións as rúas da Galiza tomarán a palabra representantes de diferentes colectivos: o movemento estudantil, a sanidade, a loita obreira, o feminismo, o activismo cultural, o ecoloxismo…

Intervirán así Carla Fernández, de Erguer. Estudantes da Galiza; Pilar Rodríguez, da CIG-Saúde; Alberte Gonçalves, secretario comarcal da CIG-Vigo; Raquel Pérez, integrante da Marcha Mundial das Mulleres; Xerome Calero, activista cultural; e Alfredo López, activista medioambiental.