Mobilizacións en apoio aos consellers represaliados

Desde Galiza Nova denunciamos o carácter antidemocrático e represivo do estado español, que non dubida en empregar de xeito totalmente político a xustiza encarcerando aos consellers da Generalitat simplemente por propor unha votación e loitar pola democracia e independencia de Catalunya. Fica demostrado que no estado español non hai posibilidade algunha de aspiracións democráticas para as nacións sen estado e que é necesario a ruptura democrática con este.

Chamamos a toda a mocidade galega a participar das mobilizacións que terán lugar mañá en toda Galiza. Podes consultar os lugares e horarios a continuación: