Mobilízate coa CIG o 10 de Marzo

Hoxe cúmprese o 45 aniversario dos acontecementos do 10 de marzo do 1972, que deron lugar á conmemoración do Día da Clase Obreira Galega, unha data reivindicativa na que a CIG dá continuidade á campaña posta en marcha xa no mes de decembro e que se desenvolverá baixo o lema “2017, un ano de loita. Recuperemos os nosos dereitos”.

Deste xeito Galiza Nova chamamos a toda a mocidade galega a todas as mobilizacións que a nosa central sindical de referencia (CIG) convoca este 10 de marzo para conmemorar o Día da Clase Obreira Galega nas seguintes localidades.

  • Vigo: manifestación dende o cruce da Dobrada ás 20.00 horas.
  • Ferrol: manifestación dende o local da CIG (Avenida de Esteiro) ás 20.00 horas.
  • Lugo: manifestación dende o local da CIG (Ronda da Muralla) ás 20.00 horas.
  • Ourense: manifestación dende a Subdelegación do Goberno ás 19.30 horas até a Praza Maior.
  • Vilagarcía: concentración na Praza de Galiza ás 20.00 horas.
  • Pontevedra: concentración na Praza da Peregrina ás 20.00 horas.
  • Santiago: manifestación dende a Praza Roxa ás 20.00 horas.
  • A Coruña: manifestación dende a fábrica de Brens (Cee) ás 19.30 horas até a Praza do Concello.

Leave a Reply

Your email address will not be published.