Luns: concentracións polo dereito ao aborto

Desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova chamamos a participar a toda a mocidade das concentracións convocadas pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto (da que a nosa organización forma parte) e facer fronte á ofensiva patriarcal do PP que, desta volta, pretende someter ás mozas de 16 e 17 anos que decidan abortar, ao consentimento materno/paterno ou da persoa coa responsabilidade legal, limitando así o dereito a decidir sobre os nosos propios corpos, e empurrándonos a vivir a vida que non queremos, ou empurrándonos á clandestinidade sen condicións sanitarias e poñendo en perigo a nosa vida e dignidade.

* Vigo: 20.00 horas, na Farola de Urzáiz.
* A Coruña: 20.00 horas, perante a sede do PP.
* Compostela: 20.00 horas, perante a sede do PP.
* Ferrol: 20.00 horas, perante a sede do PP.
* Pontevedra: 20.00 horas, perante a sede provincial do PP.
* Ourense: 20.00 horas, perante a sede do PP.