Mobilízate este mércores contra a repenalización do aborto e os retrocesos en igualdade.

A nosa organización chama á participación este mércores na concentración en defensa dos dereitos das mulleres, convocada polo BNG ás 12:45h diante do Parlamento de Galiza.

Esta mobilización cadrará ademais co debate no Parlamento da proposición non de lei presentada polo Bloque ante a repenalización do aborto que está a preparar o Ministerio de Xustiza.

Desde Galiza Nova chamamos unha vez máis á mobilización contra os ataques do PP aos dereitos das mulleres e contra os retrocesos en materia de igualdade. O anuncio de repenalización da lei do aborto por parte do Ministro de Xustiza é intolerábel, pois retrotraerá as mulleres galegas, e especialmente ás mozas, a situacións que conseguiramos superar mediante toda unha historia de loita.

Hoxe máis que nunca, aborto libre e gratuíto!

En defensa dos dereitos das mulleres! Que non nos paren!