Mobilízate este venres en defensa da frota galega en Mauritania

Participa da manifestación en defensa da frota galega convocada este venres en Marín polos mariñeiros e armadores da frota cefalopodeira galega para esixir un novo acordo pesqueiro da Unión Europea con Mauritania que non discrimine a nosa frota e que permita traballar nese caladoiro aos 24 barcos galegos que o facían até xullo de 2012.

A nosa frota foi a única europea expulsada de Mauritania e desde que leva amarrada a finais de xullo, barcos doutras nacionalidades continúan a faenar nesas augas. Mentres, o desinterese do goberno español e da Xunta por defender o sector mariñeiro, ás traballadoras e traballadores e familias que del viven, é absoluto.

Porque defender a pesca é defender o futuro de Galiza, participa da manifestación en apoio da nosa frota este venres 24 de maio desde da Alameda de Marín ás 20.30 horas.