Xa na rúa o Mocidade 43

Como cada ano xa está aquí o número 43 do Mocidade, o voceiro nacional anual de Galiza Nova. No día de mañá, venres 16 realizaremos un reparto simultáneo en varias comarcas do país, que poderedes consultar nas redes sociais comarcais.

Desta volta contén artigos sobre a potencialidade de Galiza como pobo e a necesidad e de independencia como chave para os nosos problemas, ou sobre a situación de precariedade laboral da mocidade galega que moitas veces se ve obrigada a emigrar. Análises que van máis alá das etiquetas LGTBI, ou mesmo sobre a situación de contaminación da ría de Pontevedra e a celulosa de ENCE.

Tamén analizamos a situación internacional actual, como é a realidade e a resistencia das mulleres no Kurdistán, o auxe do fascismo e da extrema dereita na Unión Europea, ou o camiño cara a independencia do pobo catalán.
Podes vela a continuación ou premendo neste enlace!