Móvete na defensa do territorio! Salvemos a praia da Madalena!

cedeiraParticipa da concentración contra as agresións á praia da Madalena en Cedeira, convocada por ADEGA e Somos Cedeira e que terá lugar o xoves 17 de abril ás 12 da mañá na Ponte Nova.

Desde Galiza Nova opoñémonos con firmeza a que se realice unha intervención na ría de Cedeira sen estudo medio ambiental previo e rexeitamos os novos recheos de cara o verán e o futuro.

O PP de Cedeira aplicou unhas políticas urbanísticas salvaxes nas que edificou sobre as dunas e ampliou a praia da Madalena quitándolle espazo o mar. A día de hoxe, o PP segue lexislando para intensificar a presión urbanística sobre o litoral e queren facer un novo recheo de area para o verán sen estudo previo. Esta actuación levaría a repetir medidas CATASTRÓFICAS e INEFICACES do pasado, ademais de tirar os cartos públicos.

Dende Galiza Nova e o BNG levamos anos loitando na defensa do territorio e non imos consentir esta agresión en Cedeira.