Na Coruña, loitando contra as violencias machistas

obradoiro-corunaA Coruña acollerá este sábado 19 de novembro unha xornada aberta de loita contra as violencias machistas.

A primeira parte deste coloquio, baixo o título “Desmontando as violencias simbólicas dos canons de beleza”, contará coa intervención de Lucía Veciño, Responsábel da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova. A concelleira do BNG na Coruña, Avia Veira, intervirá na segunda parte, baixo o título “A loita contra a violencia machista dende as institucións”.
Agardámoste ás 18 horas, no Local de Galiza Nova (rúa Damas 4, Cidade Vella, A Coruña).
Insubmisas e Rebeldes, loitamos por unha Galiza feminista!

Leave a Reply

Your email address will not be published.