Na Galiza, Queremos Galego!

CARTAZ 8F GZ NOVAEsta mañá participamos da rolda de prensa de Queremos Galego para anunciar a manifestación nacional en defensa da nosa lingua do vindeiro 8 de febreiro.

O lema, escollido entre centos de propostas que chegaron á plataforma cidadá, é Polas fillas do nosos fillos, reflectindo o que desde a plataforma consideran a dúas cuestións centrais para a lingua galega: o futuro de Galiza e a transmisión xeracional do idioma, xa que a transmisión da lingua é a garantía de que o galego vai chegar vivo ao século XXII. Xunto aos problemas das nenas e nenos galegos para accederen ao galego, tamén fixo referencia “aos e ás miles de pais e nais que fan esforzos enormes para poderen transmitir a nosa lingua, mesmo cun sobrecuste económico”.

Representantes de distintos sectores, entre eles o Secretario Xeral de Galiza Nova, deron lectura ao manifesto Polas fillas dos nosos fillos, dispoñíbel na web da plataforma Queremos Galego para asinar.

O vindeiro 8 de febreiro vémonos todas en Compostela!