No rural e na cidade, asistencia sanitaria de calidade!

Os recortes en dereitos das mulleres e crianzas tamén son violencia

A día de hoxe, unha vez máis, o movemento feminista galego convoca á sociedade a saír á rúa para combater o machismo desta vez no eido institucional. 

O Goberno da Xunta pretende desmantelar a sanidade pública atacando directamente aos dereitos das futuras nais e das crianzas da comarca de Verín baseándose no argumentario empregado polo Xerente, os Xefes de Servizo de Xinecoloxía-Obstetricia e Pediatría e refrendado por outros 44 profesionais mais e o Conselleiro de Sanidade xunto co Presidente da Xunta.

Isto simplemente responde á centralización estratéxica dos recursos sanitarios en áreas máis poboadas en detrimento das zonas rurais esquecendo polo tanto que o rural existe e que os dereitos das súas mulleres e crianzas están a ser vulnerados pola propia administración. 

Esiximos ao goberno galego que garanta un servizos de calidade asistencial sanitaria ao marxe do lugar de residencia e do xénero das afectadas en cuestión. 

Desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, facemos un chamamento á sociedade a asistir ás concentracións convocadas pola MMM nas distintas localidades do país contra o peche do paritorio de Verín hoxe Mércores 4 de Decembro. 

Verín non se pecha!