Non á especulación do Hospital Vello da USC

Integrantes de @gznova_compos na acción reivindicativa fronte o vello Hospital Universitario de Galeras

 

O 26 de xaneiro, a mocidade de Galiza Nova desenvolveu unha acción reivindicativa contra á especulación urbanística na cidade de Compostela, despregando un cartaz baixo o lema “Non á especulación urbanística. O Hospital Vello para uso social“. O antigo Hospital Universitario de Galeras, propiedade da USC, acaba de ter o seu terreo recalificado polo Concello de Santiago, co triplo apoio do PP, PSOE e Compostela Aberta, pasando de mans públicas a privadas.

Deste xeito, o Concello de Santiago está a defender o negocio dos poucos, en vez de investir na comunidade, e desenvolver, como defendeu o BNG, un centro sociosanitario, en comunicación continua coa veciñanza.

Galiza Nova Compostela iniciará máis accións a cuestión deste tema.