Non á exhibición militar na cidade da Coruña! Fóra o exército español da Galiza

Dende Galiza Nova sempre defendemos e defenderemos o antimilitarismo, o internacionalismo e o antiimperialismo; valores diametralmente opostos ós que representa o Exército Español e Guardia Civil.

Hoxe asistimos no Parrote da Coruña a un lavado de cara do Exército Español e Guardia Civil, perfumado con boas intencións e presentándose á mocidade como unha saída laboral máis. Unha imaxe moi afastada da realidade, a dun exército que participou e segue a participar en guerras imperialistas que privan dos seus dereitos e vidas a milleiros de persoas inocentes e a dunha Guardia Civil que actúa como unha ferramenta de represión e control das nacións sen estado encadradas no Estado Español, como vimos recentemente en Catalunya.

Por estas razóns, dende Galiza Nova mostramos a nosa repulsa a este tipo de propaganda e adoctrinamento e consideramos dunha gravidade extrema a cesión de espazos públicos para este tipo de exhibicións da morte e da represión.

Esiximos o cesamento da represión cara as nacións sen estado que compoñen o estado español, así como tamén das accións antidemocráticas e imperialistas que executa o exército español dentro e fóra do estado español.

Leave a Reply

Your email address will not be published.