Non ao fascismo! Reclamamos a dimisión de González Capón!

Reclamamos a dimisión de González Capón

No día de onte, membros do BNG e Galiza Nova irrumpiron o pleno da Deputación de Lugo para esixir aos membros do PP a dimisión de Manuel González Capón,  alcalde de Baralla e deputado provincial, por afirmar nun pleno do seu concello que “os que foron asasinados no franquismo será porque o merecían”. O PP tamén se negou a apoiar a moción presentada polo BNG na que se pedía a rehabilitación das vítimas franquismo entendendo, en palabras de Antonio Veiga -Vicepresidente da Deputación de Lugo- que é un “acto de xustiza e dignidade, que honra a memoria daqueles que padeceron o terror franquista por defenderen unha sociedade xusta, igualitaria e democrática”.

Unhas cuarenta persoas das mocidades do BNG e da propia fronte despregaron ante a intervención da voceira do PP cartaces co lema “Fascismo Nunca Máis” e con imaxes de diferentes persoas asasinadas pola dictadura de Franco. Tamén se corearon cánticos contra as decisións do PP, ante o cal o propio presidente do pleno pediu silencio en varias ocasións.