NON É HORA DA LEI MORDAZA, É A HORA DE GALIZA. ARTIGO DE MARUXA MARTÍNEZ

Van case 4 anos dende que a coñecida Lei Mordaza está en vigor, 4 anos de represión por parte do estado español cara calquera de nós que cuestiona ou loita contra a herdanza do réxime do 78. Nestes anos que pasaron tivemos que sufrir multas e acusacións perante a xustiza por defender os nosos dereitos, e todo este tempo só serviu para afirmar que a involución democrática é un feito.

Todo isto pasa mentres os grandes rostros políticos se enchen o peito decindo que o español é un estado referente no que a dereitos democráticos se refire, dicindo que o estado do benestar é punteiro e recoñecido mundialmente. Pero se botamos unha ollada máis alá dos Pirineos vemos como mundialmente recoñeceuse esta lei como unha volta os peores días do réxime franquista e como un atentado a liberdade de expresión.

Non quero un partido que me impoña realidades desde un asento na praza das Cortes, quero unha voz propia para Galiza en Madrid e teño moi claro que só unha forza política como o BNG ten ese compromiso de defender os nosos dereitos lexítimos.

Quedou ben claro que da igual a cor política do home que se sente na Moncloa porque nin uns, nin outros miran a sociedade. Alzan a cabeza por riba do ombreiro para mirarnos porque somos rentables, a nosa “insubordinación” é rentable, recaudan millóns polas multas que impoñen e mandan a prisión a calquera que erga a voz.

A pesares de que quen impulsou a lei alá polo 2015 perdeu a súa maioría parlamentaria e de que a maioría actual posicionárase en contra e comprometida en derrogala, o resultado xa vemos cal é, segue vixente e sen previsión de cambio porque non interesa que este debate volva saír a luz xa que aí é onde se ven as carencias e a falta de compromiso dos diversos partidos coa poboación. Argumentan que se fixeron propostas de reforma da lei e que foron aprobadas polo Congreso en novembro de 2016 e en xaneiro de 2017, pero, a realidade é que outra lexislatura remata e todo este “compromiso” vai caer en saco roto porque as prioridades están postas nas tertulias televisivas actuais e esta lei xa non vende.

Con este panorama a min éncheme de orgullo ser militante do Bloque Nacionalista Galego e formar parte da lista o Congreso do Diputados pola provincia da Coruña. O BNG represéntame ó votar en contra en Madrid desta lei, pero sobretodo, represéntame ó loitar día a día con todos os medios posibles para poñer no punto de mira os nosos dereitos.

Non quero un partido que me impoña realidades desde un asento na praza das Cortes, quero unha voz propia para Galiza en Madrid e teño moi claro que só unha forza política como o BNG ten ese compromiso de defender os nosos dereitos lexítimos.

Este 28 de abril o BNG vai estar en Madrid e Galiza volverá a ter voz propia.

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.