non máis reppresión contra a mocidade galega!

Os militantes de Galiza Nova e BNG en Cambre, David Neira e Daniel Carballada, foron condenados a catro días de arresto domiciliario, impostos pola policía española logo de ter realizado un mural en defensa do dereito ao aborto.

Hoxe, no último dos catro días de arresto aos que foi condenado, Neira insiste no “surrealista” da situación. “É totalmente absurdo que se nos condene por ter realizado uns murais na defensa do dereito ao aborto. Un dereito que o Partido Popular pretendeu roubarnos e que mantivemos coa loita de todas e todos.”

A diferencia de Carballada, Neira indicanos que “un supervisor do xulgado vai comprobar de cando en vez que está a cumprir a súa condea” pois está a pasar os 4 días na cidade d’A Coruña. “Aínda que a veciñanza non vexa o coche da policía coma no rural, si que fan preguntas sobre por que ven un home a pedirme a documentación varias veces ao día”.

“É moi chamativo que pola defensa dos dereitos civís e democráticos básicos, sen ter realizado ningún dano, temos que aparecer perante as nosas veciñas e veciños como delincuentes, mentres os corruptos e os pésimos gobernantes que temos, que son os que verdadeiramente lle provocan danos á clase obreira galega, continúan ceives nas rúas”.

Desde Galiza Nova queremos amosar todo o noso apoio aos dous compañeiros e denunciamos a represión sistemática e persecución que padece a mocidade nacionalista no día a día polo simple motivo de exercer o dereito á libre expresión e non baixar a cabeza ante a España opresora e patriarcal.

Solidariedade con Dani e David!