Número premiado nas rifas realizadas por Galiza Nova Baixo Miño

O número premiado no sorteo organizado pola asemblea comarcal de Galiza Nova do Baixo Miño é o 406. O sorteo foi realizado mediante un xerador de números aleatorios informático, e anexamos captura deste xerador. A persoa posuidora da rifa con este número, vén de gañar unha tablet.

A posuidora ou posuidor da rifa premiada deberá contactar coa nosa organización a través do correo electrónico baixominho@galizanova.gal.

Grazas a todas e a todos por participar no sorteo e colaborar connosco mediante a compra das rifas de Galiza Nova do Baixo Miño.