O 26 de xaneiro mobilízate coa CIG por unhas pensións públicas e garantidas

O vindeiro 26 de xaneiro, a Confederación Intersindical Galega, CIG, convoca unha manifestación nacional pola defensa dunhas pensións públicas dignas e garantidas.

Para a central sindical, que vén mobilizándose desde hai anos para esixir unhas pensións públicas, dignas e garantidas, a defensa das pensións -as do presente e as do futuro-, “é unha loita de todos e todas”. Por iso chama a saír á rúa, o vindeiro sábado, en Compostela, na manifestación que partirá ás 12:00 horas da Alameda, para esixir a derrogación das reformas que atrasaron a idade de xubilación, dificultaron o acceso ás mesmas e provocaron o empobrecemento do poder adquisitivo das/os pensionistas, mais tamén para preservalas no futuro, como dereito inalienábel da clase traballadora.

Esta tamén é unha loita das mozas galegas, co fin de termos un futuro no que as nosas pensións, e por tanto o noso sustento unha vez finalizada a nosa vida laboral, non se vexan radicalmente menguadas ou mesmo non cheguen a desaparecer. A mocidade galega defendemos unhas pensións totalmente públicas, fronte as oligarquías económicas, que ven no sistema público de penseións, un nicho de mercado potencial inxente para os seus beneficios privados.

Paremos o desmantelamento do sistema público de pesións. Este sábado 26 de xaneiro mobilízate coa CIG na defensa das nosas pensións!

Leave a Reply

Your email address will not be published.