“O amor non é un cadeado” en Poio

O vindeiro mércores 6 de marzo a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova desenvolverá en Poio un coloquio onde analizaremos e debateremos sobre o mito do amor romántico coa Concelleira do BNG en Poio, Marga Caldas e coa escritora Tamara Andrés. Analizaremos o ideal de amor romántico, a venda de relacións estereotipadas e mitificadas que son a base do comportamento machista nas relacións de parellas. Desde Galiza Nova achegamos este acto porque consideramos que debemos traballar todos dos días do ano para construír unha sociedade nova, onde as relacións non sexan tóxicas.

Agardamos contar contigo este mércores 6 de marzo ás 20:00h en Casal de Ferreirós.

O AMOR NON É UN CADEADO!