O avance da ultradereita a debate en Ponteareas

O vindeiro venres 4 de xaneiro ás 18.00h estaremos na Biblioteca Municipal de Ponteareas con Bieito Lobeira, responsábel de organización do BNG e integrante dos 19 de Meirás, e Hugo Domínguez,  militante de Galiza Nova e integrante do grupo de rap combativo Sondarúa. Sera cunha charla-coloquio que leva por título “FREEMOS A ULTRADEREITA”, organizada pola asemblea comarcal de Galiza Nova no Condado.

Nesta charla-coloquio analizaremos as causas e os motivos do auxe fascista nos últimos tempos como se pode ver reflictido en moitos casos. Tanto a nível europeo coa incorporación de novas forzas políticas neonazis ou neofascistas, os resultados electorais en Andalucía no ámbito do Estado español, e sen ir máis lonxe pola agresión fascista ben recente producida nas rúas do noso país a un compañeiro da nosa organización.

Por estes, e outros motivos, debateremos tamén sobre as medidas que podemos levar a cabo para frear esta escalada da ultradereita e organizar a resposta antifascista na Galiza

Leave a Reply

Your email address will not be published.