O BNG esixe ERRADICAR AS ETTs POR TRAFICAR COS TRABALLADOR@S

IMG-20140501-WA0018A deputada do BNG, Montse Prado, criticou o Decreto do Goberno español que regula ás ETTs e que prexudica gravemente os servizos públicos de emprego e os dereitos das traballadoras e traballadores ao incidir na precaricación das condicións de traballo.

Montse Prado reclamou “erradicar” as Empresas de Traballo Temporal, das que dixo, “trafican cos traballadores e traballadoras” e lamentou que a directora de Formación, Ana Díaz, restara importancia “á perda de competencias” coa aprobación do Decreto.

As ETTs teñen un volume de negocio que vai en aumento

A parlamentaria asegurou que a presenza laboral da ETTs tamén vai en aumento ao igual que o seu volume de negocio baixo o paraugas que o Goberno español lle ofrece sen que a Xunta “faga nada por erradicalo”.

Tras a intervención da directora xeral, a nacionalista criticou a “submisión” do Goberno galego e cualificouno de “delegación administrativa” que asume docilmente as decisións de Madrid.

A deputada reiterou a súa oposición as reformas do Goberno do Estado relativas ás Empresas de Traballo Temporal que permite regular o seu réxime xurídico prexudicando os servizos públicos de colocación aos que a maiores  lles reducen os orzamentos, “no ano 2015 foi dun 11% menos” afirmou Montse Prado.

Con este decreto denunciou que “deixan tirada a clase traballadora galega” e o Goberno galego permite a intromisións nas súas competencias. A parlamentaria rexeitou as afirmacións de Díaz xustificando as nova regulación en aras da “unidade de mercado e unificación administrativa” porque ao ao seu entender, tales afirmación tradúcense en que non é preciso un Goberno galego,concluíu.

Leave a Reply

Your email address will not be published.