O cannabis a debate en Compostela

Este xoves a asemblea comarcal de Compostela organiza no bar Caldeirería ás 20:30 un debate ao redor do uso do cannabis. Contaremos coas intervencións do estudante de medicina Xosé André e con César León, profesional do sector

A hipocrisía existente no poder sobre o tema só contribúe á creación de mafias e redes de tráfico ilegal millonarias, ademais da estigmatización e persecución das consumidoras, en moitas ocasións mozas.

Asemade existe un debate científico e médico sobre as propiedades da substancia que arbitrariamente se categoriza como máis perigosa que o tabaco industrial ou o alcohol.

Desde Galiza Nova queremos contrubuír a verter luz sobre o tema e formarnos para unha acción política consecuente neste eido.

Leave a Reply

Your email address will not be published.