O CONCELLO DE PORTO DO SON TRATA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA COMA UNHA FESTA

Cartaz do Concello de Porto do Son

O Concello de Porto do Son vén de sacar un cartaz promocionando unha gala de homenaxe ás mestras de Porto do Son onde se pode ver claramente que tratan o 8 de marzo coma un día de celebración. O mesmo goberno que realiza esta gala é o que ten como presidente a un home que meses atrás insultaba ás súas adversarias políticas con descalificativos machistas e con frases de mal gusto para calquera persoa.

Dende Galiza Nova Muros-Noia témolo moi claro: o 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora non é un día de festa representado por flores nin pola cor rosa, é un día de reivindicación das mulleres para derrubar o patriarcado e conquirir os nosos dereitos. O 8 de marzo é un día de combate e de avance do feminismo de clase, non un día para falsas consideracións nin esmolas do patriarcado. Queremos políticas de igualdade real os 365 días do ano e non un lazo violeta pendurado da solapa da súa chaqueta o día 8 de marzo.

#OSeuLazoSeñorAlcalde

Leave a Reply

Your email address will not be published.