O FASCISMO ATACA DE NOVO

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Dúas accións de Galiza Nova na cidade de Pontevedra veñen de sufrir un ataque fascista na noite de onte. Non é a primeira vez que ocorre e xa o mural que reivindicaba a figura de Rosalía de Castro fora atacado en varias ocasións. O fascismo sen dar a cara volve impedir a libre expresión manipulando o lema “Rebélate, organízate e loita”, enmarcado dentro da campaña de Galiza Nova polo Día da Patria.

Estes ataques non fan máis que reafirmar a necesidade de seguir na loita para reivindicarnos como pobo con dereitoa existir, no que vivir libremente. Ante o seu odio, a nosa contestación social. Ante o seu fascismo, chamamos á mocidade galega a encher as rúas de Compostela os días 24 e 25 para poñer de manifesto a forza de todo un pobo!

Leave a Reply

Your email address will not be published.