‘O futuro de Taboadela só será posíbel se freamos o drástico descenso de poboación’ Noelia Currás, candidata á alcaldía

noeNoelia Currás Rodríguez é a candidata á alcaldía de Taboadela. Esta moza de 30 anos, veciña de A Telleira, é militante de Galiza Nova dende hai 10 anos e foi responsábel da Asemblea de Mulleres na súa comarca. Estudou Traballo Social e actualmente está no paro. Négase en rotundo a emigrar. Aínda ten a esperanza de poder vivir e traballar na súa terra.

“Cando eres muller, moza, vives en Galiza e no rural, non tes ningunha posibilidade”, é unha frase que escoitei de cativa que non esquezerei nunca e levo anos traballando para demostrar que eso non é certo, que temos todos os recursos para vivir dignamente. Temos un concello cunha situación xerográfica inmellorábel para que a xuventude poida vivir e traballar nel, pero para iso fai falla vontade política. Levamos anos vendo como a xuventude marcha para Allariz ou Ourense porque non teñen futuro e anos tamén vendo como o concello está coma un mero espectador sen facer nada. Decidín presentarme a alcaldía porque sei que hai futuro e é posibel outro xeito de gobernar aplicando modelos doutros concellos como Allariz con políticas feitas para toda a veciñanza, non para dous ou tres.

O futuro de Taboadela só será posíbel se freamos o drástico descenso de poboación que ven sufrindo nos últimos anos; a recuperación económica e social do concello será posibel con programas de intervención comunitaria (incrementando os orzamentos para Emerxencia Social), políticas de creación de emprego conxuntas co fácil acceso ás vivendas e o fomento do turismo pondo en alza o noso patrimonio e as nosas tradicións.

O máis importante é a creación de emprego. Temos previstas medidas como o fomento do autoemprego; o cooperativismo laboral con concellos limítrofes facendo fincapé na xuventude, mulleres e persoas en risco de exclusión social; impulsar a creación de cooperativas de mulleres; cursos de formación para desempregados, autónomos e PEMES. É importante a conciliación laboral e familiar e temos outras medidas como facilitar o transporte gratuito para que todas as cativas e cativos poidan ir a escola no concello e que non teñan que ir vivir a outros por non ter accesibilidade.

A actividade económica de Taboadela hai que mellorala facilitando a creación de negocios que impulsen a economía local. Incentivando as producións do sector primario. Fomentando o sector de servizos a través de progamas que favorezan o turismo pondo en alza a cultura, o lecer e o deporte. Dotando o concello dunha rede de transporte para facilitar o acceso a concellos limítrofes e a Ourense.

O BNG-Asembleas Abertas presenta este ano un novo equipo, con xente nova que ten moita ilusión e forza para traballar por mellorar a calidade de vida da veciñanza. Queremos un concello de participación real, con servizos públicos transparentes e no que as veciñas e os veciños poidan decidir.

Leave a Reply

Your email address will not be published.