O Ministerio denega bolsas de estudos a centos de estudantes aproveitando as vacacións

lomce imaxeAproveitando o Nadal o Ministerio de Educación vén de denegar as bolsas de estudos a centos de estudantes, a maioría de forma totalmente inxustificada, ao tempo que só habilita 15 días naturais para reclamar.

Unha manobra claramente dirixida a reducir o numero de beneficiarios de bolsas tendo en conta que as denegacións se producen nas datas de vacacións en que as universidades están pechadas e nas que as e os estudantes se atopan lonxe dos centros de estudo para presentaren as reclamacións.

O Ministro Wert pretende seguir recortando as axudas ao estudo. Estamos ante un novo ataque contra o estudantado para elitizar o acceso á Universidade. Desde Galiza Nova esiximos, ao igual que vén de facer o BNG no Congreso, que o Goberno explique pormenorizadamente por que se denegaron estas axudas vitais para o acceso e continuación do estudo da maioría do alumando.

O BNG denunciou este ataque ao estudantado galego e requeriu explicacións ao Ministerio de Educación

O BNG denunciou este ataque ao estudantado galego e requeriu explicacións ao Ministerio de Educación perante a chegada de notificaciones de denegación das bolsas a altas horas da madrugada e en días festivos, ao tempo que vén de esixir que se aclaren no Congreso as razóns que xustifican o feito de que en plenas vacacións se estabelecese un prazo de reclamación de 15 días naturais cuando as universidades están pechadas e moit@s estudantes nos seus fogares.

Fica claro que o Ministerio de Educación pretende continuar recortando as axudas ao estudo artellando todo tipo de mecanismos burocráticos para que o maior número de estudantes quede fóra das bolsas por falla de tempo para reclamar.