O MITO DO AMOR ROMÁNTICO EN MOAÑA

O vindeiro venres 7 de abril a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova desenvolverá en Moaña un coloquio onde analizaremos e debateremos sobre o mito do amor romántico con Leticia Santos, alcaldesa de Moaña (BNG) e Rebeca Cambeiro (Responsábel da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova).

Analizaremos o ideal de amor romántico, a venda de relacións estereotipadas e mitificadas que son  a base do comportamento machista nas relacións de parellas. Desde Galiza Nova achegamos este acto porque consideramos que debemos traballar todos dos días do ano para construír unha sociedade nova, onde as relacións  non sexan tóxicas.

Agardamos contar contigo este venres 7 de abril ás 20h na Casa da Mocidade (Rúa María Martín s/n, Urb. O Rosal)

O AMOR NON É UN CADEADO!