“O referendo de Catalunya” na Coruña

Este xoves a Asemblea Comarcal de Galiza Nova na Coruña organiza un coloquio que leva por nome “A loita pola soberanía nacional en Catalunya”, nun contexto no que o pobo catalán se atopa a menos dunha semana de celebrar o referendo de autodeterminación do 1 de outubro. Será na facultade de Socioloxía ás 12:00 o 28 de setembro.

Para coñecer mellor a realidade que se está a vivir na actualidade en Catalunya fronte a vaga represiva por parte do estado nas últimas semanas, así como desmontar as mentiras que se nos están trasladando a través dos medios de comunicación españois contaremos con Xosé Mexuto, director do Diario Dixital Sermos Galiza.

Dende Galiza Nova continuamos coa xeira de actividades de apoio ao referendo do día 1 de outubro, como nacionalistas e internacionalistas, mais sobre todo como demócratas apoiamos a loita do pobo catalán pola súa independencia.

VISCA CATALUNYA LLIURE!

Leave a Reply

Your email address will not be published.