Obradoiro de sexualidade e diversidade en Fene

obradoiro feneEste venres 23 de outubro organizamos un obradoiro de sexualidade e diversidade en Fene. Será ás 20h no CPS de San Valentín.

Son múltiples as barreiras no camiño cara a unha sexualidade que sexa, por riba de todo, libre e gozosa, mais urxe derrubalas. Convidámoste a participar deste coloquio sobre a importancia da sexualidade libre, gozosa e segura, desterrando etiquetas, sen estereotipos nin opresións, e onde tamén presentaremos e repartiremos ás persoas asistentes a guía de sexualidade editada por Galiza Nova e que dará pé ao coloquio aberto sobre sexualidade e diversidade.

 O obradoiro será conducido por Lucía Veciño, Responsábel da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova e corredactora da guía de sexualidade.