Obradoiro de micromachismos en Foz

Este mércores 27 de decembro desde Galiza Nova  organizamos un obradoiro sobre micromachismos no que contaremos coa intervención de Arantxa Santos, Responsable Comarcal de Galiza Nova A Mariña e Olalla Rodil, deputada no Parlamento Galego.
Consideramos que actos coma estes son máis que necesarios, xa que nos fan ver aquelas condutas machistas que se manifestan na sociedade mais que temos tan asumidas que non as entendemos como tal. Desta forma poderemos aprender e recapacitar sobre os nosos comportamentos e os da xente que nos rodea, para así eliminalos da nosa vida cotiá e continuar no camiño para destruir rematar con esta sociedade patriarcal.

A actividade terá lugar no Centro de Interpretación da Mariña (Foz) ás 19:30h. Esperámosvos!

Feminismo sen tregua para liberar Galiza!

Leave a Reply

Your email address will not be published.