Olla a voandeira da campaña da Folga Xeral

Subimos á web a voandeira co texto empregado cara a socialización da data da Folga Xeral na Galiza este 19 de xuño. Sobran as razóns para saír ás rúas e loitar polos nosos dereitos sociais, laborais e nacionais, pola derrogación das reformas laborais e a lei mordaza.

É hora de que sumemos todas as loitas contra o réxime antidemocrático español para xuntar todas as voces das oprimidas por el nun berro conxunto o vindeiro 19 de xuño, día no que lle presentaremos a nosa moción de censura ao conxunto do aparato político do réxime español.

Podes ler o texto no que chamamos a participar das mobilizacións na imaxe desta páxina ou premendo aquí.

Leave a Reply

Your email address will not be published.