Os ventres de aluguer a debate en Vigo

Este 28 de abril o Galiza Nova e o BNG realizaremos un coloquio en Vigo sobre un dos temas de máis actualidade no momento: os ventres de aluguer. O coloquio correrá a cargo da ex-deputada do BNG Carme Adán e de Nerea Edreira, responsábel comarcal da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova na comarca de Vigo.

Continuando cunha serie de actos sobre temas vixentes de temática feminista que levamos facendo nestes últimos meses ( amor romántico, a violencia dos canóns de beleza…)  daremos luz a toda a desinformación que rodea á maternidade subrogada, un dos novos retos do feminismo, comentando a relación do sistema capitalista con estas novas prácticas casa día máis extendidas.

Leave a Reply

Your email address will not be published.