Pablo Álvarez e Noela Rial, novas responsábeis na Costa da Morte

Pablo Álvarez Caamaño e Noela Rial Carril foron nomeadas responsábel e vicerresponsábel comarcal respectivamente na última asemblea comarcal realizada na Costa da Morte.

O pasado 15 de setembro as militantes de Galiza Nova da comarca da Costa da Morte xuntáronse en asemblea para escoller novas responsabilidades e fixar metas para o traballo político na comarca, despois dun período de baixa actividade.

Pablo Álvarez Caamaño (de 21 anos e estudante de Ciencias Políticas) foi escollido responsábel comarcal, e estará acompañado por Noela Rial Carril como vicerresponsábel e Tomás Fuentes Facal como responsábel de comunicación no grupo de traballo da dirección política de Galiza Nova na comarca.

“Afrontamos esta nova etapa con moitísima ilusión e co obxetivo de facer chegar as nosas ideas e inquedanzas a mocidade de toda a Costa da Morte, e por suposto tentando atraer a todas as mozas e mozos que pensan como nós e que aínda non se atreveron a dar o paso de achegarse, mais sen dúbida tamén a todo aquel que estea desposto a pelexar por un futuro na nosa terra. Debemos ter en conta que nos tocou vivir un tempo nos que estamos a estudar sabendo que o futuro cerca da casa é moi difícil, mais iso ten arreglo se entre todas e todos somos quen de reverter as políticas neoconservadoras coas que nos levan castigando dende fai ben tempo”, sinalou Pablo Álvarez.

 

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.