Pablo Fernández, novo Responsábel Comarcal de Monterei-Viana

O pasado sábado, a Asemblea Comarcal de Galiza Nova en Monterrei-Viana escolleu a Pablo Fernández como responsábel comarcal.

Pablo Fernández, Responsábel Comarcal, destacou que a súa intención é “revitalizar a organización na comarca de Monterrei-Viana e, para isto, desenvolveremos diferentes actividades”. Tamén fixo fincapé en que unha das cuestións que máis lles preocupa é “a falta de oportunidades na comarca”. “Queremos loitar por un futuro digno nela e amosar o talento mozo que hai” afirmou.

A renovación na organización xuvenil do BNG nesta comarca xorde no aumento de interese da mocidade neste punto do país, que percibe a necesidade de dar voz á xente nova para solventar os conflitos que enfronta a zona e afrontar as súas necesidades actuais e futuras.

De esquerda a dereita: Tania Sánchez, Pablo Fernández, Miriam García, Ana Fernández, Adrián González e Miguel Ángel Meléndez