Participa da asemblea aberta de mocidade en Redondela. Construamos o futuro!

REDONDELAO debate, a opinión da mocidade, o intercambio de ideas, o activismo e participación son fundamentais para construír futuro en Redondela, para construírmos unha Galiza con futuro para a mocidade.

Convidámoste a participar este venres 7 de novembro ás 20h no multiusos de Redondela, nun encontro aberto no que podermos falar e intercambiar ideas sobre as problemáticas da mocidade galega como a falla de oportunidades para vivir na nosa terra, o desemprego xuvenil, os retrocesos en igualdade, dereitos e liberdades… e buscarmos xuntas e xuntos as alternativas necesarias para que na nosa nación a mocidade poida vivir, estudar e traballar con dignidade.

Debate, propón, actúa!