Participa da asemblea aberta de mocidade nas Neves. Constrúe o futuro!

asneves_GNAnimámoste a participar na asemblea aberta de mocidade que este venres 31 terá lugar nas Neves ás 21hs no Centro Cultural de Taboexa. Nas Neves é fundamental o debate, a opinión da mocidade, o intercambio de ideas e tamén o activismo e a participación se queremos construír futuro para a xente nova nas Neves, para construírmos ao mesmo tempo desde todos os concellos do Paús unha Galiza con futuro para a mocidade.

Convidámoste a participar este venres 31 de outubro, no Centro Cultural de Taboexa, nun encontro aberto no que podermos falar e intercambiar ideas sobre as problemáticas da mocidade galega como a falla de oportunidades para vivir na nosa terra, o desemprego xuvenil, os retrocesos en igualdade, dereitos e liberdades… e buscarmos xuntas e xuntos as alternativas necesarias para que na nosa nación a mocidade poida vivir, estudar e traballar con dignidade.

Debate, propón, actúa,

vémonos este venres!!!