Participa da festa e asemblea aberta da mocidade en Carballo!

c1Esta sábado non podes faltar á asemblea aberta de mocidade e foliada que terá lugar a tarde deste sábado en Carballo. O debate, a opinión da mocidade, o intercambio de ideas, o activismo e participación son fundamentais para construír futuro en Carnballo, para construírmos unha Galiza con futuro para a mocidade.

Convidámoste a participar este sábado 15 de novembro ás 20.30h na taberna O Patacón, nun encontro aberto no que podermos falar e intercambiar ideas sobre as problemáticas da mocidade galega como a falla de oportunidades para vivir na nosa terra, o desemprego xuvenil, os retrocesos en igualdade, dereitos e liberdades… e buscarmos xuntas e xuntos as alternativas necesarias para que na nosa nación a mocidade poida vivir, estudar e traballar con dignidade.

Posteriormente, ás 23 horas comezará a Foliada pola Soberanía, tamén no Patacón!!!

Debate, propón, actúa!