encontro de mocidade en Chantada e Corcubión

adiante3Convidámoste a participar na asemblea aberta de mocidade que terán lugar este venres en Chantada e o sábado en Corcubión .

  • Chantada: venres 15 de abril ás 19h, na Casa Sindical.
  • Corcubión: sábado 16 de abril 17hs no local comarcal do BNG (Avda. Simón Tomé nº1)

Vivimos tempos de emerxencia nacional e social! Mais co debate aberto, a opinión da mocidade, o intercambio de ideas, o activismo e a participación seremos quen de construír futuro en Galiza para a mocidade.

Convidámoste a participar neste encontro aberto no que poderemos falar e intercambiar ideas sobre as problemáticas da mocidade galega como a falla de oportunidades para vivir na nosa terra, o desemprego xuvenil, os retrocesos en igualdade, dereitos e liberdades… e buscarmos xuntas e xuntos as alternativas necesarias para que na nosa nación a mocidade poida vivir, estudar e traballar con dignidade.

Debate, propón, actúa!

Adiante Galiza e a mocidade!

Leave a Reply

Your email address will not be published.