Participa do Encontro Nacional Aberto do BNG en Compostela

Desde Galiza Nova chamamos á mocidade galega a asistir e participar do Encontro Nacional Aberto do BNG cara os distintos procesos electorais que enfrontamos neste 2019. A mocidade galega precisa de forzas propias que leven as súas problemáticas específicas aos centros de toma de decisións políticas, cunha voz nidiamente galega e sen ataduras de ningún tipo.

Vémonos en Compostela, no Auditorio de Galiza, o domingo 31 ás 12:00h, iniciando dous meses intensos e cheos de ilusión, para que Galiza recupere a voz e para construir o país que queremos. Porque é o noso momento, Agora Galiza!

Leave a Reply

Your email address will not be published.