Participa do encontro xuvenil este venres en Taboada!

colanteeParticipa este venres 27 de decembro no encontro xuvenil que Galiza Nova realizará en Taboada, ás 19 horas na Casa da Cultura. Vén coñecer a Galiza Nova no teu concello, debater sobre as principais problemáticas que está a padecer a mocidade galega, así como deseñarmos coa túa implicación as alternativas necesarias para facermos da nosa localidade e do noso País unha terra de futuro e vida dignas para a mocidade galega.

Contamos contigo!

Leave a Reply

Your email address will not be published.