Participa este xoves dos actos comarcais contra a LOMCE da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que a nosa organización forma parte, organiza este xoves 13 de xuño unha serie de actos reivindicativos contra a reforma educativa do PP en diversas cabeiceiras de comarca do País, con actuacións musicais, lectura de textos e outras accións para amosar o rexeitamento da comunidade educativa á Lei Wert. Agás en Ferrol o acto será o 18. Consulta no interior os lugares e horas das diferentes convocatorias.

Aquí tes os horarios e lugares dos comarcais contra a LOMCE:

-A Coruña: CEIP Curros Enríquez, Campo de Marte. 19h
-Lugo: Ronda da Muralla, Edificio administrativo da Xunta.19.30h.
-Ourense: Xardíns Pai Feijoo, 19.30h.
-Pontevedra: Praza da Peregrina, 19h.
-Santiago: Praza do Toral, 19h.
-Vigo: Rúa do Príncipe, diante do MARCO, 20 h.
–Carballo: Praza do Concello, 19h.
-Cee: Praza 8 de Marzo, 19h.
-Vilagarcía: Praza de Galiza, 19h.

*18 de xuño: Ferrol, Praza do Himno Esteiro