Participa na asemblea aberta de mocidade en Arteixo

arteixoVivimos tempos de emerxencia nacional e social! A mocidade galega e o teu propio pobo precisan de ti! Por iso animámoste a participar na asemblea aberta de mocidade que este xoves 30 de abril terá lugar no Local do BNG en Arteixo (Avenida Dos Bosques,23 baixo. Arteixo) , ás 18hs. Porque co debate, a opinión da mocidade, o intercambio de ideas, o activismo e a participación seremos quen de construír futuro en Arteixo e en Galiza para a mocidade.

O rematar a asemblea e se o tempo no lo permite realizaremos un mural no Rañal!
Nesta asemblea crearemos un grupo de traballo e escolleremos responsábel local.