Participa na manifestación pola lingua

Galiza Nova chamamos a toda a mocidade galega a participar da manifestación convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego como cada ano este 17 de maio ás 12:00 na Alameda de Compostela en defensa da lingua galega.

Esta mobilización leva por lema “En galego sen límites” e con este a plataforma cidadá pretende pór en evidencia os innumerábeis obstáculos para vivirmos en galego con normalidade, e a exclusión sistemática do idioma da maioría dos espazos.

Para reivindicar os nosos dereitos lingüísticos, para rematar coa discriminación do noso idioma, e para poder vivir plenamente en galego chamamos a toda a mocidade a participar desta mobilización.

Na web de Queremos Galego indícanse os horarios e prezos dos buses que se porán a disposición de todas as persoas que desexaren acudir a Compostela a impulsar a plena normalización da lingua galega.

Rebélate! Fala Galego!