Participamos da gran manifestación polo achegamento d@s pres@s a Euskal Herria

e580.000 persoas encheron en silencio o centro de Bilbo o pasado sábado convocadas por Sare Herritarra baixo o lema “Now! Euskal Herrira” para pedir o achegamento das presas e presos vascos a Euskal Herria, cando se cumpre un cuarto de século do comezo das políticas de dispersión.

Alí estivo unha delegación de Galiza Nova, partillando a situación política dos nosos países co resto de organizacións internacionais convidadas e coas compañeiras de Gazte Abertzaleak e EH Bildu.

Esta manifestación, que no cumio iluminou a cidade viscaíña cos bastonciños luminosos que portaban @s participantes na marcha, constitúe unha nova proba da vontade da sociedade basca por rematar coa dispersión e hachar unha saída democrática e transversal ao conflito político en Euskal Herria.

As protagonistas da marcha foron as persoas que viven a cotío a cara máis dura da dispersión, as familias das presas espallados polo estado que se ven obrigadas a percorrer centos de quilómetros para ver a súa xente. Elas encabezaron as dúas columnas que se atoparon na Plaza Zabalburu.

e2Máis de 700 persoas voluntarias, nunha inscrición masiva que se tivo que pechar días antes dada a velocidade a que se cubriron as necesidades da organización, permitiron que o acto se desenvolvera con normalidade e que como pedía Sare, se convertese nunha mostra do paso “do eu ao nós para formar esta luz colectiva”

Nova agresión contra a esquerda abertzale

O Estado español tardou un día e medio en respostar ao clamor pacífico da sociedade basca o sábado pasado en Bilbo para que remate a dispersión e se avance no proceso de paz, e o fixo detendo a todo o colectivo de avogadas e avogados da defensa de presas e presos en Euskal Herria e Madrid.

Entre as 16 persoas detidas atópase a voceira de EH Bildu Amaia Izko, mentres que o senador da mesma organización Iñaki Goioaga non puido ser detido pola súa condición de aforado, procedendo a Guardia Civil ao rexistro do sindicato LAB en Bilbo.

Isto acontece o mesmo día no que comeza o xuízo a 35 persoas vencelladas a Batasuna, Acción Nacionalista Vasca e ao Partio Comunista das Terras Vascas, ás que ían defender legalmente as persoas detidas, no que constitúe un novo intento de criminalización da esquerda abertzale e das súas organizacións.

Por isto, dende Galiza Nova esiximos que o Estado español abandone as tácticas represivas e os xuízos políticos como única vía para a superación democrática do conflito en Euskal Herria.